FIN DE ANO CONSCIENTE 2018 AS SEMENTES DA TRANSFORMACIÓN

FIN DE ANO CONSCIENTE 2018
AS SEMENTES DA TRANSFORMACIÓN

Estase achegando un novo ano e comézanse a escoitar os propósitos de cambio ao noso arredor.
O fin de ano é unha oportunidade máis para a transformación do noso modo de vivir. Para que ese propósito de cambio se materialice e perdure é necesario que veña dunha transformación interior. Precisa dunhas bases firmes: soltar e desapegarnos de vellas estruturas de pensamento ; agradecer e aceptar o que é, fluír coas nosas emocións, ter ferramentas para crear novos hábitos, e ter a enerxía e o estado físico necesario para levalos a cabo. 

Invitamoste vir celebrar con nós a despedida do ano vello, e a chegada do novo ano, no medio da natureza, nun ambiente de consciencia, alimentación sana, e celebración, e para iso ofrecémosche distintas alternativas:

Do 29 de decembro ás 10:30h. ao 31 de decembro ás 10:30 h.
Propoñémosche unha fin de semana de reflexión, de toma de consciencia, unha fin de semana para observarnos. A través de diferentes actividades entraremos en contacto co noso interior nutrindo os catro planos: pensamento, emoción, corpo físico e enerxía. A natureza do entorno entregarannos ese espazo de acollemento amoroso que nos permite entrar no silencio e conectar coa nosa sabiduría.

Do 31 de decembro ás 10:30 ao 1 de xaneiro ás 12:00
Se queres vir a pasar o fin de ano dun xeito especial, ao longo de todo o día 31 realizaremos actividades de limpeza e recarga enerxética, meditación e un ritual de paso de ano. Pola noite celebrarémolo cunha cea e unha festa con música, danza e percusión.
Será un tempo para observar e recoller os froitos deste ano, para agradecer e deixar ir o que xa non nos sirve, e para crear e levarnos as SEMENTES DA TRANSFORMACIÓN.

E si queres vir só á Cea temos outra opción para ti:

Do 31 de decembro ás 19:30 ao 1 de xaneiro ás 12:00
Se queres vir a pasar o fin de ano dun xeito especial, o día 31 realizaremos actividades de limpeza e recarga enerxética, meditación e un ritual de paso de ano. Pola noite celebrarémolo cunha cea de fin de ano, unha festa con concerto, esceario aberto, improvisacións, danza e percusión, para entrar no novo ano cunha enerxía renovada.

+INFO EN:

Teléfonos: 659 553 938 (Naiara) e 627 284 854 (Ooruk)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Formación práctica Templo de fuego Interior Galicia 11, 12, y 13 de Octubre con "La Malinche"

Tambor como terapia

Introducción a los Instrumentos Sagrados, El Tambor. 26, 27 y 28 de Enero A Casa da Terra - Antas de Ulla