III Xornadas Sementando Consciencia “Sana… máis alá da Saúde…”



 Temos o inmenso placer de convidarvos ás III Xornadas Sementando Consciencia

“Sana… máis alá da Saúde…”


Vivimos tempos decisivos… Vivimos tempos nos que nace a necesidade dunha apertura a novos paradignas vitais… O sistema tambalea e comezan caer os velos… Sabemos que responsabilizarnos e colectivizar cambios dende o micro ao macro é trascendental… Este ano o espazo da Asociación ConcienciArte en San Sadurniño abre as súas portas para crear un encontro onde profundizaremos sobre o que verdadeiramente é a saúde… compartindo técnicas, ferramentas, sabedorías ancestrais, arte e amor… Os coidados e a saúde no seu senso máis holístico, serán o centro nesta xa terceira edición do que comeza a ser unha grande familia

PROGRAMA

VENRES 12 DE NOVEMBRO
18h Presentación
18:30 Charo López Amor
“As Ordes do Amor aplicados á Sáude”
Constelacións familiares e sistémicas. Movementos da Alma.

SÁBADO 13 DE NOVEMBRO
10h María Victoria Hortas
“Danza o teu latexo”
Movemento consciente e orgánico
A través do movemento intuitivo e orgánico conectamos co latexo do corazón permitindo amosar a danza do noso Ser.
Coa colaboración da percusionista Lucía Cortiñas.
12h Descanso
12:30h Reme “Güenas Yerbas” de Lusko & Fusko. Terapias Holísticas e Etnobotánica.
“A Botica ignorada” Obradoiro teórico-práctico
Saberes e menciñas ancestrais do mundo vexetal
Formamos un todo coa Nai Terra. A sabedoría das nosas irmás plantas habita en cada ser deste planeta-escola a nivel físico e enerxético; delas dise que son as grandes mestras sanadoras, a través dos seus principios activos e frecuencias vibratorias.
Meigas, chamáns, druídas… de todas as épocas e culturas fixeron uso dos seus dons para acompañar procesos de sanación nas súas comunidades.
Achegarse ao mundo vexetal é comezar a asumir a propia xestión da saúde e recuperar as memorias vexetófilas ancestrais esquecidas.
15h Xantar
17h Vera MullerRaíz
“A Voz que sana” Sesión SonVozRaíz
"O noso corpo ten a necesidade de vibrar a través do son..."
"Se non manifesto o meu son, a miña voz, a miña expresión, non desenvolvo a miña capacidade de crear..."
"Todo o que limita a voz limita o noso camiño..." Alexandra Ostos
Conectar co noso propio son, coa nosa frecuencia vibratoria e coa nosa voz achéganos a estados de sanación profunda.
Cantar disminúe a frecuencia cardíaca, oxixena o cerebro, conecta os hemisferios cerebrais, estimula a neuroplasticidade... os nosos órganos son harmonizados...
VeraMullerRaíz, despois de anos formándose, experimentando coa súa voz e creando cantos autosanadores, convídavos a expandir a vosa voz e reconectar co voso propio son, menciñas poderosas para atoparmos coa esencia.
18:30h Descanso
19h Airán Beltrán e Robert Pier
“Encontro sanador co son”
Música, Consciencia e sanación
Facilitación de ferramentas individuais e colectivas para unha convivencia co son sentida, útil e consciente.
A vibración en son, o son en música, a música en menciña, a menciña en celebración, a celebración en vibración…
21:30h Cea

DOMINGO 13 DE NOVEMBRO
11h José Antonio Martínez Novas
“Xaxún & Alimentación Consciente”
O que piden o meu corpo, a miña mente e o meu espíritu (ilusión, enerxía e fe)
A vida coma un proceso de combustión enerxético en diferentes niveis.
O xaxún como proceso rexenerativo a nivel fixiolóxico, vital, psico-emocional e espiritual.
Achegarse ao equilibrio é a clave da saúde.
13:00 Descanso
13:30h Espazo Sentir. Dinamiza Vera MullerRaíz.
15h Xantar
17h Ooruk
“A que ritmo danza a felicidade? Cantando un conto… A Sanación a través do ritmo.
Dende os tempos máis antigos os sons e o ritmo amosan unha poderosa atracción e un encanto tan profundo no ser humano, que sin necesidade de entender o seu sentido, pódese experimentar unha sensación de unión, felicidade e conexión interna.
Temos un son interno, un ritmo e unha vibración… escoitalo e sentilo axúdanos a recuperar a harmonía…

APORTACIÓN
🌱
Xornadas completas 60€ soci@s, 65€ non soci@s
Actividades só de mañá ou só de tarde: 15€ soci@s, 20€ non soci@s
Comidas e ceas con reserva (solicitar info)
Contaremos con espazo para durmir con límite de aforo que encheremos por orde de inscrición.

ORGANIZA
🌈
Asociación ConcienciArte
Silvalonga 22 San Sadurniño
Info e reservas: 647 666 617

Comentarios

Entradas populares de este blog

3ª Romaría Cósmica ...29 e 30 de Xullo... O Areal

𝗖𝗥𝗘𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗨𝗡 𝗖𝗢𝗥𝗔𝗭❣️𝗡 ʀᴇᴛɪʀᴏ ᴅᴇ ʀᴇᴄᴏɴᴇxɪÓɴ ɪɴᴛᴇʀɪᴏʀ 6 , 7 e 8 d e Octubre - 𝙑𝙞𝙡𝙖 𝙂𝙡𝙤𝙧𝙞𝙖, 𝘽𝙖𝙧𝙗𝙖𝙣𝙩𝙚𝙨, 𝙊𝙪𝙧𝙚𝙣𝙨𝙚

Taller de creación de Tambor Chamanico Madrid