Fin de Ano na Natureza



FIN DE ANO CONSCIENTE 2018
AS SEMENTES DA TRANSFORMACIÓN

Estase achegando un novo ano e comézanse a escoitar os propósitos de cambio ao noso arredor.
O fin de ano é unha oportunidade máis para a transformación do noso modo de vivir. Para que ese propósito de cambio se materialice e perdure é necesario que veña dunha transformación interior. Precisa dunhas bases firmes: soltar e desapegarnos de vellas estruturas de pensamento ; agradecer e aceptar o que é, fluír coas nosas emocións, ter ferramentas para crear novos hábitos, e ter a enerxía e o estado físico necesario para levalos a cabo.
Do 29 de decembro ás 10:30h. ao 31 de decembro ás 10:30 h.
Propoñémosche unha fin de semana de reflexión, de toma de consciencia, unha fin de semana para observarnos. A través de diferentes actividades entraremos en contacto co noso interior nutrindo os catro planos: pensamento, emoción, corpo físico e enerxía. A natureza do entorno entregarannos ese espazo de acollemento amoroso que nos permite entrar no silencio e conectar coa nosa sabiduría.
Do 31 de decembro ás 10:30 ao 1 de xaneiro ás 12:00
Se queres vir a pasar o fin de ano dun xeito especial, ao longo de todo o día 31 realizaremos actividades de limpeza e recarga enerxética, meditación e un ritual de paso de ano. Pola noite celebrarémolo cunha cea e unha festa con música, danza e percusión.
Será un tempo para observar e recoller os froitos deste ano, para agradecer e deixar ir o que xa non nos sirve, e para crear e levarnos as SEMENTES DA TRANSFORMACIÓN.
Programa sábado 29:
10:00- Recepción
10:30 – ceremonia de benvida
12:30- charla alimentación consciente*
14:30- comida
17:00- Danza-Movemento Consciente
19:15- Conexión Artística
21:30- cea
22:30-Sesión Improvisación Artistica.
Programa domingo 30
8:00: ioga
9:30- almorzo
10:30- A roda de Mediciña
12:00- Senda Consciente
14:30- comida
17:00- Danza-Movemento Consciente
19:00-Creación das Sementes da transformación.
21:30- cea
22:30- Saindo das Gaiolas de papel. Concerto interactivo, a cargo de Ooruk Sambho.
Programa luns 31
8:30- meditación
9:30- almorzo
10:30- Soltando na Natureza
14:30- comida
17:00-Preparación para novo ciclo
21:00- Ritual de Benvida do novo ciclo.
22:00 cea de fin de ano
Concerto, Musicas vivas
Festa!!!
*A preparación das comidas e ceas realizarase a través de talleres prácticos nos que grupos reducidos de persoas que así o desexen poderán aprender deliciosas receitas e algúns trucos de cociña da man de Lorena Fernández, de Escola Vital.


PREZOS:
Inscrición antes do 14 de decembro:
2 días: 180 €
3 días: 240 €
Inscrición a partir do 15 de decembro:
2 días: 220 €
3 días: 280 €
Todos os prezos inclúen actividades, aloxamento e comidas.
Prezo para o día de Fin de Ano (inclúe comida e cea de fin de ano, actividades de todo o día e aloxamento): 100 €
Se sintes verdadeiro interese por acudir e non podes por cuestión económicas pregunta polo noso sistema de troco.

FACILITAN:
  • Ooruk Sambho: Terapeuta vibracional (mediciña natural, quiromasaxe...), creador de Ritmo Consciente e Artessannia. Facilitador de talleres de Ritmo Consciente, construcción de instrumentos; círculos de tambores, concertos interactivos...

  • Naiara González Fontenla: educadora social e terapeuta sistémica. Instructora de ioga integral pola escola Om Shanti, formación en Biodanza, terapias enerxéticas e vibracionais. Facilitadora de talleres de danza e movemento consciente, meditación en movemento, educación emocional, grupos de mulleres…



Comentarios

Entradas populares de este blog

3ª Romaría Cósmica ...29 e 30 de Xullo... O Areal

𝗖𝗥𝗘𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗨𝗡 𝗖𝗢𝗥𝗔𝗭❣️𝗡 ʀᴇᴛɪʀᴏ ᴅᴇ ʀᴇᴄᴏɴᴇxɪÓɴ ɪɴᴛᴇʀɪᴏʀ 6 , 7 e 8 d e Octubre - 𝙑𝙞𝙡𝙖 𝙂𝙡𝙤𝙧𝙞𝙖, 𝘽𝙖𝙧𝙗𝙖𝙣𝙩𝙚𝙨, 𝙊𝙪𝙧𝙚𝙣𝙨𝙚

Ceremonia de Cantos Medicina y Wachuma Bajo la guia de Axel Wayra, Galicia.