San Xoan 2019, Ceremonia de Agni

Buscamos crear unha pequena tribu para celebrar o SOLSTICIO DE VERÁN a través da noite de San Xoán, intimamente ligada ao Sol e ao lume. Este elemento axudaranos a purificar, sanar e deixar ir o que non nos axuda a avanzar para despois construir dende a conexión interior e o amor todo o que desexemos. Unha fin de semana para compartir, conectar coa Natureza e con nós mesmas/os nun entorno máxico e especial: SATCHITANANDA COMUNIDADE. O centro atópase nos arredores dunha aldea pequena chamada SANTA BAIA DE ANFEOZ en Ourense, rodeado dun bosque, a 500m do río Elas e 4,5km do río Arnoia. Na súa web www.satchitanandacomunidad.org , pódense ver fotos do lugar e arredores, a comunidade, centro e información adicional. O lugar onde está fincada a Comunidade ten 90 anos de tradición na sanación, desde os 30 cun médico novo que ía descalzo; desde os 70 cun sanador-naturista; e agora co Ioga Integral e a Nutrición dende o 2013. Ofreceremos ACTIVIDADES ao longo de toda a fin de semana par...